A Xunta destina 17.000 euros a eventos culturais da provincia de Lugo

A Xunta destina 17.000 euros a eventos culturais da provincia de Lugo

A Xunta colabora con sete eventos culturais de carácter afeccionado da provincia de Lugo, achegando un investimento de case 17.000 euros A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvenciona actividades en Viveiro, Cervo, Palas de Rei, Monterroso, O Courel e Sarria Fonte: Xunta de Galicia A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora

A Xunta colabora con sete eventos culturais de carácter afeccionado da provincia de Lugo, achegando un investimento de case 17.000 euros

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvenciona actividades en Viveiro, Cervo, Palas de Rei, Monterroso, O Courel e Sarria

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con sete eventos culturais de carácter afeccionado que se celebran na provincia, para os que achega un investimento conxunto de case 17.000 euros.

Estas axudas enmárcanse na convocatoria destinada a colaborar coas entidades sen fin de lucro e os concellos que organizan festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais. Debe tratarse de eventos non profesionais, con asistencia libre e gratuíta para o público.

Na provincia de Lugo as entidades beneficiarias foron a Asociación Italici di Viveiro, para a representación teatral e musical Visita aos parentes; a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras de Cervo, para o III Encontro Interdisciplinar de Artes e Cultura de Vangarda Gadélica; a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas Os Lobos, para a Mostra Internacional de Teatro de Palas de Rei; a Asociación Falcatrueiros, para o Festival Internacional de Danza de Monterroso, e a Fundación Uxío Novoneyra, do Courel, para o Festival Internacional dos Eidos.

En canto aos concellos, a Xunta colabora co de Viveiro na I Mostra de Teatro Afeccionado para Persoas con Discapacidade Super-Arte, e co de Sarria na VIII Semana de Teatro Cómico.

Con este programa de axudas, a Consellería impulsa a cooperación cultural e contribúe ao espallamento e á promoción da cultura en Galicia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor