A Xunta fará un novo centro de saúde en Paderne de Allariz

A Xunta de Galicia licita o proxecto de construcción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz por 624.307 euros

​A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe o proxecto de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz (Ourense). O orzamento previsto para a construción desta nova infraestrutura sanitaria é de 624.307 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 9 meses.

A nova edificación vaise construír nunha parcela de 2.255 m2, no lugar de Toxeiras, a uns 150 metros en liña recto do actual centro de saúde, que ten una superficie de 261 m2. O novo edificio terá unha superficie construída de 393,05 metros cadrados, o que supón un incremento de 132 m2, un 50,59% máis respecto ao espazo actual.

Segundo o proxecto, presentado en novembro pasado, o novo centro de saúde de Paderne de Allariz constará dun único baixo andar, con tres zonas claramente diferenciadas. Por unha banda está a área sanitaria, que ocupará a parte central da construción e que será de maior tamaño. A súa dereita estará a zona de persoal e a esquerda a das instalacións.

O acceso ao novo centro será a través dun gran recibidor que permite a espera dos pacientes en caso de choiva. Unha vez dentro, atoparase a recepción, os aseos para acceso do público, a consulta médica, a consulta de enfermería e a área da muller/sala polivalente, entre outras. No exterior haberá unha zona de aparcamento con capacidade para once prazas, dúas delas para persoas con discapacidade.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Na actualidade o concello de Paderne de Allariz conta en torno a 1.200 tarxetas sanitarias adscritas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

As empresas interesadas en participar deberán presentar as súas ofertas, en sobre pechado, ben no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ben por correo postal. O prazo máximo para que os licitadores poidan presentar as súas proposicións será o 6 de agosto. Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia a través do enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=363535

Deixa unha resposta