Aberto o proceso de selección para 5 postos en Triacastela e A Pastoriza

Aberto o proceso de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego en Triacastela e A Pastoriza

Trátanse de 5 postos, que están destinados a persoas anotadas como demandantes de emprego no INEM, para traballar de peóns en Triacastela e na Pastoriza

|Deputación de Lugo

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este xoves que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, trátase de 2 postos de peón, no Concello de Triacastela; e outros 3 postos na mesma categoría profesional no de A Pastoriza. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 10 de setembro, no caso dos postos ofertados polo Concello da Pastoriza; e ata o 12 de setembro, para facer a súa demanda no Concello de Triacastela.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os interesados deberán dirixirse aos correspondentes Concellos para os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello correspondente e no banner de emprego da páxina web da Deputación www.deputacionlugo. gal.