Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo

Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo

Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo Publicado | RT A única outra proba dunha crucifixión foi achada hai medio século en Xerusalén. Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo Douglas Juarez / Reuters Arqueólogos italianos descubriron un esqueleto de 2.000 anos de antigüidade que pertenceu a un home

Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo
Publicado | RT

A única outra proba dunha crucifixión foi achada hai medio século en Xerusalén.
Achan unha posible proba da tortura que matou a Xesucristo

Douglas Juarez / Reuters

Arqueólogos italianos descubriron un esqueleto de 2.000 anos de antigüidade que pertenceu a un home que morrería crucificado, segundo suxire unha análise publicada na revista Archaeological and Anthropological Sciences.

A pesar de que se cre que a crucifixión foi unha tortura que os romanos practicaron durante case mil anos, as probas palpables desta tortura son extremadamente raras. “A importancia deste descubrimento reside no feito de que é o segundo caso documentado no mundo”, subliña unha dos autores do estudo, Ursula Thun Hohenstein, da Universidade de Ferrara. Considérase que a escaseza dos restos de crucifixións débese a que as cruces de madeira deteriorábanse rapidamente e a que os cravos se extraían da vítima.

O esqueleto achado en Italia, que pertencía a un home de entre 30 e 34 anos, foi descuberto durante as escavacións dunha tumba na chaira Padana, a uns 60 quilómetros de Venecia. Os investigadores afirman detectar unha “peculiar” lesión “en todo o ancho” do óso do talón. Como consecuencia da análise, chegaron á conclusión de que o talón puido ser cravado a unha superficie antes da morte da vítima.

Rare archaeological evidence that may suggest Roman crucifixion uncovered in Italy https://t.co/rdt6vzFiLspic.twitter.com/mpqNDOFb6Ou? Roman Society (@TheRomanSoc) 1 June 2018

Os autores suxiren “a crucifixión como unha posible causa da lesión”, no entanto, advirten que “esta interpretación se ve complicada pola mala conservación da superficie dos ósos e aos danos e buracos presentes outras partes do esqueleto”.

A primeira proba de crucifixión foi achada en 1968 polo arqueólogo Vassilios Tzaferis en Xerusalén. Trátase dos restos dun home xudeu que tiña un cravo de 18 centímetros no talón. Ademais, o cravo estaba unido a un anaco de madeira de oliveira que podería ser un resto da cruz.

Rare archaeological evidence of ancient Roman crucifixion discovered in Italian remains https://t.co/bAWHuckOAvpic.twitter.com/ToTVusbsgi? Romanfo (@Romanfocom) 4 June 2018

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor