Alertan do perigo de cociñar a altas temperaturas

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social a través da Sociedade Española de Seguridade Alimentaria celebrou esta mañá a xornada “Coa acrilamida non desentones. Elixe dourado, elixe saúde”.

Máis de 300 profesionais tanto do ámbito público como privado da seguridade alimentaria así como do mundo científico, universitario e asociacións de consumidores abordaron os aspectos científicos e normativos que rodean á acrilamida.

A acrilamida é un composto orgánico que se forma ao cociñar a altas temperaturas (máis de 120ºC) e en ambientes de baixa humidade determinados alimentos ricos en hidratos de carbono, como as patacas e os cereais. Cando horneamos, tostamos ou fritimos en exceso estes alimentos, prodúcense concentracións elevadas de acrilamida.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Algúns ensaios con animais indican que as concentracións de acrilamida en alimentos poderían ser cancerígenas. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) tamén sinalou que a acrilamida podería ser genotóxica e cancerígena

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO