Amazon sigue a apostar pola tecnoloxía da saúde

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Amazon aliouse co Grupo Arcadia para lanzar a liña de produtos Choice, composta por monitores de glicosa e presión sanguínea que se venden directamente aos consumidores, tanto con modelos estándar como con bluetooth. O monitor inalámbrico de glicosa en sangue, Choice, que custa 23 dólares (20,1 euros) no sitio web de Amazon, é un dispositivo pequeno e elegante que brinda resultados exactos en só cinco segundos. Un modelo máis básico está dispoñible, sen compatibilidade inalámbrica, por 11 dólares (9,6 euros).

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO