Ana Rosa Quintana “Rosalía de Castro está sobrevalorada”

A presentadora, xornalista, escritora e filosofa Ana Rosa Quintana arremeteu duramente contra Rosalía de Castro

Informa: Lucas Grixander | Xornal Galego sección chouchadas

Segundo Ana Rosa Quintana “A Rosalía esa de sair nos billetes o que ti queiras pero de escribir; de escribir nin puta idea. Ademais se alguén representa ben o sentir dos galegos esa son eu. Teño un share de audiencia en Galicia de un 33% e; mesmo me puseron unha praza en Santiago de Compostela co  meu nome; a Praza da Quintana. Cousa que a Rosalía esa nin en soños” manifestou a famosa xornalista.

Publicidade Xornal Galego:

Tamen engadíu “ademais a min a Rosalía pareceme unha estirada, todo o día con poesía e metáforas… se quere dicir algo que o diga de xeito directo” en referencia a personalidade da escritora galega.

 

Seguiremos embrullando!