Aposte polo exercicio físico para recuperarse dun ictus hemorrágico

Os accidentes cerebrovasculares (ACV) a miúdo poden ter efectos secundarios graves. Nun estudo realizado con ratos os investigadores observaron que naqueles que tiñan libre acceso a unha roda de actividade durante toda a súa vida, o seu cerebro envellecía máis lentamente.

Así mesmo, eses roedores presentaban menos accidentes cerebrovasculares coa idade. E, no caso dos ratos que xa foran vítimas dalgún episodio, correr na roda tras o accidente traduciuse nunha recuperación moito máis rápida das funcións cerebrais danadas.

Con todo, para que sexa eficaz, o exercicio debe ser bastante intenso e regular, e ademais debe iniciarse axiña que como sexa posible tras o ACV. Os esforzos realizados tempo despois do accidente ofrecen poucos beneficios.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Fonte: Kalogeraki E, Pielecka-Fortuna J, Hüppe JM and Löwel S. “Physical Exercise Preserves Adult Visual Plasticity in Mice and Restores it after a Stroke in the Somato- sensory Cortex”. Frontiers in Aging Neuroscience. 2016.