Artrite ou artrose? Como diferenciar ambas as patoloxías

Artrite ou artrose? Como diferenciar ambas as patoloxías

Aínda que tanto a artrite como a artrose relaciónanse coas articulacións, a segunda preséntase con moito máis frecuencia, en especial nos adultos maiores. Sobre os 75 anos, ata o 95% dos pacientes presentan algún grao de artrose. Pola contra, a artrite ten unha prevalencia que non alcanza o 1% da poboación. Pero, como é posible

Aínda que tanto a artrite como a artrose relaciónanse coas articulacións, a segunda preséntase con moito máis frecuencia, en especial nos adultos maiores.

Sobre os 75 anos, ata o 95% dos pacientes presentan algún grao de artrose. Pola contra, a artrite ten unha prevalencia que non alcanza o 1% da poboación. Pero, como é posible diferencialas?

Artrite:

Trátase case sempre dunha enfermidade autoinmune, salvo que sexa post traumatica, infecciosa ou similar, se ben cando nos referimos a ela case sempre falamos da autoinmune é dicir, en que o organismo se dana a si mesmo. Neste caso, os glóbulos brancos consideran ás articulacións como algo alleo ao corpo e, por tanto, atácanas.

Os seus principais síntomas son:

– Dores articulares e inflamación.

– Rixidez prolongada.

– Afecta sobre todo a mans, xeonllos, pés e cóbados.

Aínda que non hai unha causa única que orixine e mais ben e un signo de outras patoloxías na artrite si existen factores xenéticos, hormonais e ambientais que inciden na súa aparición.

Causas de artrite: o tabaco é o máis importante. Neste sentido, o paciente nace cunha carga xenética que o predispone a ter artrite e se dita persoa comeza a fumar, o risco de desenvolvela é moito maior. Inda que non existe unha evidencia dabondo sobre este eido na dieta macrobiótica as solanaceas poderían perxudicar a certo sector de pacientes, asemade cabe subliñar que o tabaco tamen seria unha solanácea.

A artrite pode afectar a persoas de idade media de ambos os sexos, pero especialmente a mulleres.

Artrose:

Trátase dunha enfermidade dexenerativa, é dicir, que partindo da base de que a vida e unha enfermidade de transmisión sexual, dexenerativa e que conduce a morte... a artrose se desenvolve co paso dos anos.

Os seus principais síntomas son:

– Dor das articulacións, sen inflamación.

– Cruxidos articulares.

– Rixidez, pero que cede co pasar das horas a medida que se entra en calor.

– Afecta sobre todo a mans, columna, cadeiras e xeonllos.

A artrose basicamente consiste nunha “insuficiencia articular”, na que non só resulta danado o cartílago que permite o movemento fluído dunha articulación, senón tamén varias estruturas involucradas na mantención da estabilidade e mobilidade. E aínda que xeralmente afecta a persoas da terceira idade, hai factores como a obesidade ou traumatismos que poden provocar que se presente de maneira precoz.

 

Jose Antonio Sánchez Colaborador na sección Saúde Natural: Naturópata e Quiromasaxista. Traballou durante 5 anos nos servizos médicos do R.C. Celta de Vigo, investigador en Healthy Help Corporation e director de Escola Europea Parasanitaria ESPS, autor de diversos libros de saúde natural.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor