As gastroenterites diminúen un 26% coa choiva

As gastroenterites diminúen un 26% coa choiva

As gastroenterites diminúen un 26% coa choiva Unha recente investigación que avaliou a relación entre o tempo meteorolóxico e as hospitalizacións por gastroenterites en España durante o período 1997-2013 revela que estas aumentan un 21% coa calor e un 7% co frío. Doutra banda, o seu risco redúcese nun 26% coa choiva. A explicación podería

As gastroenterites diminúen un 26% coa choiva

Unha recente investigación que avaliou a relación entre o tempo meteorolóxico e as hospitalizacións por gastroenterites en España durante o período 1997-2013 revela que estas aumentan un 21% coa calor e un 7% co frío. Doutra banda, o seu risco redúcese nun 26% coa choiva.

A explicación podería estar en que a calor favorece o crecemento de bacterias na comida (de feito, o aumento de hospitalizacións é especialmente pronunciado nas gastroenterites transmitidas por alimentos). Pola súa banda as temperaturas frías favorecen as infeccións por rotavirus, e é que o contaxio é máis probable cando se pasa máis tempo en lugares cubertos. Por último, a causa do descenso en xornadas chuviosas podería estar no menor uso de augas recreacionales (fontes, piscinas, etc.) durante eses días.

O estudo adquire especial relevancia se se ten en conta que só en 2015 morreron 1,31 millóns de persoas en todo o mundo por enfermidades diarreicas.

Fonte: A retrospective time series regression study”. Environ Int. 2018 Dec;121(Pt 1):649-657.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor