Nota de prensa: Asociación Galega de Pais e Nais Separados
Estrada de Ombreiro Nº 116, 3º E 27004 Lugo
Tlfs: 664782590
loistoiran@gmail.com
REUNIÓN URXENTE DA AGPNS
Convócase dun xeito urxente a unha reunión mañá sábado 2 de xuño ás 17 en Santiago (nun lugar por determinar a decidir atendendo ás persoas que comuniquen asistencia) para tratar, entre outros, os seguintes temas:
— Reacción e camiño a seguir logo de que a Comisión do Dereito Civil Galego decidira que Galicia non ten competencias en materia de regulación de separacións e divorcios dun xeito puramente político e sen traballo de fondo.
— Organización para o mes de setembro ou outubro dunhas Xornadas en colaboración coa Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP).
— Varios.
É imprescindible que aquelas persoas que queiran e poidan asistir á reunión que así o comuniquen na maior brevidade posible para determinar a localidade de reunión que será escollida en función da procedencia da maioría das persoas asistentes.
E coma sempre, moito ánimo porque queda aínda moito camiño por percorrer para os nosos fillos e fillas, un camiño que só se pode andar coa forza do grupo.
ASDO: Lois Manoel Toirán Vázquez.
Para comentar debe estar rexistrado.