AstraZeneca e MSD establecen unha alianza en oncoloxíA

A colaboración expandirá o potencial de olaparib, xa aprobado en España para cancro de ovario con mutación BRCA e en catorce indicacións máis actualmente en desenvolvemento.

Asinaron ambas compañias un acordo estratéxico en oncoloxía co obxectivo de co-promocionar Lynparza (olaparib), o primeiro inhibidor do poli ADP-ribosa polimerasa (PARP) aprobado a nivel mundial.

 

En España, olaparib está aprobado como monoterapia para o tratamento de mantemento de pacientes adultos con cancro de ovario epitelial seroso de alto grao, de trompa de Falopio, ou peritoneal primario, con mutación xenética BRCA (germinal e/ou somática), sensible a platino, en recaída, que están en resposta (resposta completa ou parcial) a quimioterapia baseada en platino.

Recentemente, a EMA outorgou a autorización de olaparib en comprimidos para o tratamento de cancro de ovario en recaída sensible a platino con independencia do estado mutacional do xene BRCA. Esta nova indicación atópase actualmente en fase de obtención de prezo e reembolso por parte das autoridades sanitarias españolas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Ambas as compañías desenvolverán e comercializarán olaparib conxuntamente, tanto en monoterapia como en combinación con outros fármacos

Deixa unha resposta