AstraZeneca pagará 110 millóns por un tratamento non seguro ou efectivo

A compañía AstraZeneca acordou pagar 110 millóns de dólares para resolver unha reclamación do estado de Texas (Estados Unidos). Nela e segundo a oficina do fiscal xeral do Estado, alégase que a empresa estafou ao programa estatal ‘Medicaid’ ao comercializar dous medicamentos de modo fradulento.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

As demandas, que se remontan ao ano 2013, revelan que AstraZeneca instou os facultativos a recetar o seu medicamento antipsicótico Seroquel para tratamentos non probados como seguros ou efectivos. Tratamentos que, ademais, administráronse a nenos e adolescentes.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO