Avistan puma nunha gasolineira en Santiago de Compostela

Milleiros de persoas avistan o Puma na gasolineira da capital galega cada día, un equipo de reporteiros de xornal galego desprazados ate a capital mesmo conseguiron fotografar o suceso.

Informan: Jose Luis Rodríguez e Cristina Aguileña | Xornal Galego

Ante a continua choiva de mensaxes de avistamentos na capital do puma, e sempre nas gasolineiras; estes dous xornalistas e mellores persoas decidimos facer xornalismo de investigación, coma o de antes e non esa merda que fan agora os xornalistas.

Publicidade Xornal Galego:

Desprazados a capital e con cadanseu paraugas colgado da chepa por se chovia (e carallo se choveu), puidemos mesmo fotografar o becho en cuestión. Os veciños da zona parecer convivir sen problema algún con el e mesmo deixan as criaturas soas sen medo ningún a aun ataque.

Unha parella de mozos que deixou o neno ir só os servizos da estación declarou “o puma non fai dano ningún, agora… disme que anda un bispo ou un crego por ahí e fuximos na llama”.

Como se pode ollar na foto parece que o puma aproveitou a choiva pra se acicalar…

Seguiremos embrullando!