Aznar “O Covid non ten nin media ostia”

Xose Maria Aznar afirmou ante os medios de comunicación que “O covid ese de merda non ten nin media ostia”

Informa: Ana Garrafa | Xornalista da sección chouchadas

Xose María Aznar, Pep Mari para os seus amigos da Catalonia, ven de declarar ante o cómite de sabios de Ardebullo que “O covid ese de merda non ten nin media ostia se o collo eu co meu “six pack” lo reviento”.

Publicidade Xornal Galego:

Ante estas declaracións o Ministerio de Sanidade ven de alertar: “temos que tomar moi en serio o virus” ante o cal Aznar rebatiu “quen me vai dicir a min a cantidade de virus que podo ter… “eu a mascarilla, mascarilla foi a voda da miña filla que saiu ben cara, imaxina se foi cara que acabaron case todos presos”.

Jaime da Custoura o alcalde pedaneo de Ardebullo quiso quitarlle ferro o asunto e dixo “En Ardebullo todos son benvidos, con six pack ou con abominables, somos un pobo acolledor e inda que Aznar sexa un fodechinchos hai que querelo”.

Seguiremos embrullando!