Balneario de Caldas de Partovia, un regalo de Ourense

Na localidade do Carballiño, provincia de Ourense, atópase situado o balneario de Caldas de Partovia, cuxos orixines datan de 1816, o cal foi remodelado no 2017. Polo que as súas instalacións actuais son amplas e modernas, que conta con bonitas áreas verdes.

 

Ao longo dos séculos foi un punto de encontro de moitas persoas de diferente procedencia xeográfica, quen acudían ao lugar en busca de aliviar as súas doenzas e buscar un remedio para moitos males, facendo uso das augas termais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

É un espazo que ofrece repouso, saúde, lecer e benestar, ademais de diversos tratamentos e programas de masaxes, hidroterapia. Destacan os seus programas anti tensións, reumatológicos, dermatológicos, anticelulíticos, e os pensados para os deportistas que buscan aliviar as contracturas e as sobrecargas musculares.

O balneario de Caldas de Partovia atópase a uns 30 quilómetros da cidade de Ourense, a 2 quilómetros da vila do Carballiño.

 

Este é un dos principais balnearios de Galicia, que materializa a esencia de balneario enmarcado nunha paisaxe rural rodeado de zonas verdes, onde o visitante sente integrante do lugar desde o primeiro momento.

 

O programa de hidroterapia conta con baño medicinal, piscina dinámica, canle de fleboterapia, hidromasaxe, ducha magna, chorro a presión, baño ying yang, aplicación de parafango, etc.

Pola súa banda, as masaxes que ofrecen son a masaxe relaxante, masaxe descontracturante, masaxe anticelulítico, masaxe craneofacial, masaxe circulatoria ou de pernas cansas, reflexología podal, entre outros.

 

O balneario tamén ofrece a naturopatía estética onde se pode gozar das termoalgas autocalentables, o lodo verde, o lodo negro, a cerezaterapia e a chocoterapia.

As augas do balneario sempre tiveron éxito nas curas de enfermidades de carácter reumático e traumatológico.  O mesmo ocorre coas afeccións demartológicas, e así o reflicten as memorias médicas do lugar; así como a mellora nos casos de retención de ouriños, problemas de ciática e lumbago.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Esther R.