Bellvitge crea o primeiro banco de feces de España para transplantes de microbiota fecal

Bellvitge crea o primeiro banco de feces de España para transplantes de microbiota fecal

Os transplantes de microbiota fecal son a única terapia altamente efectiva para casos resistentes da principal infección hospitalaria intestinal Bellvitge crea o primeiro banco de feces de España para transplantes de microbiota fecal O Hospital Universitario de Bellvitge creou o primeiro banco de mostras de feces conxeladas de España para transplantes de microbiota fecal. O

Os transplantes de microbiota fecal son a única terapia altamente efectiva para casos resistentes da principal infección hospitalaria intestinal

Bellvitge crea o primeiro banco de feces de España para transplantes de microbiota fecal

O Hospital Universitario de Bellvitge creou o primeiro banco de mostras de feces conxeladas de España para transplantes de microbiota fecal. O transplante é unha terapia en auxe para casos resistentes e recidivantes de colitis por Clostridium difficile.

Esta infección é a principal infección hospitalaria intestinal, prodúcese en pacientes cunha microbiota intestinal alterada por antibióticos. Pódese tratar con fármacos, pero en 1 de cada 4 casos reaparece a colitis por Clostridium difficile e o transplante de microbiota fecal consegue o éxito nun 90%.

Os transplantes de microbiota fecal son en realidade unha transferencia no colón dunha doazón de feces de pacientes sen patoloxía intestinal coñecida, o transplante fecal está en auxe en moitos hospitais de todo o mundo. O transplante fecal faise con feces que foron previamente sometidas a tratamento e filtradas, para que axude a restaurar as bacterias beneficiosas reducidas ou eliminadas polo uso de antibióticos. Este tratamento parece resultar mais eficaz nestes casos que a mera inxesta de probióticos por vía oral.

A misión do banco de feces é a de poder acelerar os pasos do transplante xa que na actualidade o procedemento e moi lento, axilizalo tería proporcionado aos médicos inmediatamente mostras de feces conxeladas.

As doazóns ao banco de Bellvitge teñen carácter altruísta e cáptanse entre familiares, nun futuro será máis amplo e para outras indicaciónso, recentemente constituíuse o Banco de Microbiota de Cataluña, coa participación de diversos hospitais do país.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor