Cal é o futuro da formación bonificada?

Os 400 millóns de euros xa aparecían nos Orzamentos que deixou elaborados polo goberno anterior, e estaban baseado na Lei 30/2015, polo que se regula o sistema de formación para o emprego, aínda que o sector sufriu varios anos de parálises sen convocatorias e con impugnacións por parte dos axentes sociais. Algunhas empresas non solicitaron subvencións e outras devolveron cantidades importantes, especialmente polo erro de obrigar a destinar só o 60% do financiamento e esperar máis de 2 anos para cobrar o outro 40% restante.

Este ano púxose en marcha a convocatoria estatal de TIC coa cantidade mínima de 50 millóns de euros, xunto a 10 millóns mediante Licitacións en concurso público que está paralizada. A crítica do sector é que as subvencións só valen para impartir a formación transversais e xeneralistas, pero non para cursos especializados e de alta cualificación, como os de competencias dixitais aprobados en maio deste ano.

Até a data o Ministerio de Traballo presentou aos axentes sociais tres borradores de ordes ministeriais para desenvolver o regulamento que modifican o catálogo de especialidades formativas, o rexistro estatal de centros e as bases para conceder as subvencións. Un dos cambios refírese aos módulos económicos con que se quere agora simplificar a xustificación das subvencións. Eses módulos reducirían a burocracia e os gastos de xestión dos cursos, porque evitarían aos centros de formación ter que achegar a enorme cantidade de documentación que agora se lles esixe.

O borrador de Traballo reduce a porcentaxe de execución do curso, do 35% ao 25%, por baixo do cal o centro debe devolver a subvención. E outro debate é ampliar o concepto de modalidade presencial a cursos que non requiren presenza física e só se apoian en medios telemáticos e que se cren aulas virtuais onde os participantes nin sequera están fisicamente no mesmo espazo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Doutra banda, o Ministerio de Traballo (Emprego) prepara cambios na estrutura de Fundae, especialmente no posible conflito de interese do seu xerente Ignacio Pérez Zurita, que foi executivo de Confemetal e representou a CEOE e Cepyme en moitos foros e mesas de diálogo co Ministerio.