Carcedo, a ministra de sanidade en evidente evidencia

Fai un mes, a ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, declaraba na Vanguardia que o cannabis non é un medicamento e que mentres se dispón de un arsenal de medicamentos para a dor, con respecto a esta sustancia non hai evidencia científica nese sentido, para Carcedo tampouco as terapias como a acupuntura, osteopatía ou homeopatía teñen evidencia científica, se cadra porque ela non a coñece ou prefire evitar coñecela…

Anxo Machado | Xornal Galego

Así, a ministra Carcedo pechaba a porta a o cannabis con uso terapéutico á pregunta de se apoiaría legalizalo para fins terapéuticos, a ministra Carcedo puso o punto final concluíndo que se trataba dun tema de moda que había que poñelo en contexto.

Tras estas declaracións, outro dos que tal bailan no eido de mesturar o chamanismo con as terapias naturais, Francisco Igea, portavoz de Sanidade de Cidadáns, mais neste caso e un dos defensores da regulación do cannabis, pero inimigo número un das terapias naturais, rexistrou no Congreso preguntas as palabras de Carcedo no citado xornal catalán.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

As preguntas de Igea eran mordaces e poderían formularselle a el mesmo sobrea as terapias naturais. Iges preguntaba se os pacientes que en España a utilizan deben de continuar adquiríndoa de xeito ilegal e sen control algún ou se cría que os países que o autorizaron (EE.UU., Canadá, Dinamarca ou Bélgica) o fixeran sen evidencia científica suficiente. Sería curioso respostarlle iso mesmo a el sobre a acupuntura, homeopatía…

Preguntado por C’s, o Ministerio afirma que “o cannabis é un estupefaciente”, que “está regulado como tal na normativa vixente” e que se permite o seu uso “con finalidade terapéutica”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Francisco Igea. En declaracións a consalud subliñou que é un sen sentido que María Luisa Carcedo diga que non hai evidencia científica. Por desgraza parece que no eido das terapias naturais Carcedo e Igea siguen sen ver a evidencia en todos eses países que parecen coñecer para buscar documentación e evidencia a prol do cannabis, se cadra a ambos lles gusta mais Bob Marley que unha sesión de Tai Chi para relaxarse…