Carta aberta ao Presidente do Parlamento Galego

Carta aberta ao Presidente do Parlamento Galego

Estimado Sr. Presidente:

Alarmado ante a noticia de que os grupos parlamentarios galegos dispoñense a desestimar na práctica a I.L.P. que, sobre Corresponsabilidade Parental presentou a Asociación Galega de Pais e Nais Separados avalada con 15.000 firmas, diríxome a Vd. e ao Parlamento para mostrar a miña decepción.

Esa decisión citada baséase nun informe da comisión do dereito civil galego non vinculante e non unánime. A mera existencia de dúbidas na comisión debería bastar para que o I.L.P. se debatése, mellorase e promulgase. Só o T. Constitucional podería anulala, e iso se se recorrese, xa que o T,C. non actúa de oficio.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Aceptar polo Parlamento o agravio comparativo que supón que lexislación semellante se promulgase en Aragón, Navarra, Euskadi e Cataluña implica aceptar que somos unha comunidade de segunda e mostra abandono da defensa dos dereitos dos galegos a máis diso covardía e preguiza. Se iso consúmase, teremos que pensar moitos de nós que procede a disolución do Parlamento Galego por covarde, perezoso e inútil.

Antonio M. Díaz Piñeiro

D.N.I. 32369521B

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Fundador e Expresidente da As. Galega de Pais e Nais Separados

Deixa unha resposta