Case 400 familias afectadas polos incendios en Portugal son apoiadas pola Seguridade Social

Case 400 familias afectadas polos incendios en Portugal son apoiadas pola Seguridade Social

Xornal Galego | Esther Romero

A Seguridade Social destinou 232 mil euros en subsidios para as 389 familias afectadas os incendios de 2017, para apoialos cos seus pagos de auga, luz, rendas e medicamentos.

A exención de pago da contribución foi prorrogada polo período de seis meses, abarcando as remuneracións relativas aos meses de febreiro a xullo de 2018, no caso das persoas afectadas polos incendios de xuño de 2017, e de maio a outubro de 2018, en relación aos lumes de outubro do ano pasado.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Tamén se asignaron pensións de supervivencia aos familiares de 41 vítimas dos incendios, por un valor de 11.448 euros. Pagáronse reembolso de gastos de funeral e subsidio por morte en caso das vítimas mortais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO