Celaá: “Este Goberno non acepta a xestación subrogada porque é unha compravenda de nenos”

Recupera o debate sobre esta opción para ter un fillo, que actualmente é elixida por miles de familias. Polo momento non está permitida en España.

A portavoz do Goberno e ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno, Isabel Celaá pronunciouse durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros sobre a xestación subrogada e a súa regulación en España. En concreto dixo que “este Goberno non acepta a xestación subrogada porque é unha compravenda de nenos”.

O PSOE xa se declarou contrario da xestación subrogada en varias ocasións, ao unísono con outros partidos como Podemos e o Partido Popular.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“A xestación subrogada é un asunto que a ONU debe regular no marco dos dereitos humanos, como a prohibición do tráfico de órganos ou a adopción con contraprestación económica” Mentres tanto, a a xestación por substitución non está permitida, segundo a Lei 14/2006 sobre técnicas de reprodución humana asistida.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta