Científicos xaponeses descobren que o covid permanece activo na pel 9 horas

Científicos xaponeses descobren que o coronavirus permanece activo na pel durante 9 horas, isto supón cinco veces máis que o virus da influenza A.

Científicos xaponeses da Universidade de Kioto, descubriron que o coronavirus SARS-CoV-2 pode permanecer activo na pel humana durante unhas 9 horas. A investigación, que se publicou na revista Clinical Infectious Diseases, reitera a importancia da hixiene e o lavado das mans.

Para levar a cabo o estudo usaron pel humana de autopsias. Ao mesturar o SARS-CoV-2 e o virus da influenza A con o medio de cultivo ou moco das vías respiratorias superiores e aplicalo na pel humana, o resultado foi: 9 horas do SARS-CoV-2 fronte a 1,8 horas do IAV.

Publicidade Xornal Galego:

Os virus  inactivaronse máis rapidamente na pel que noutras superficies como aceiro inoxidable, vidro e plástico.

O tempo de supervivencia en aceiro inoxidable, vidro e plástico foi significativamente maior para o SARS-CoV-2 (11 horas) que para o IAV (1,7 horas). No entanto, ambos os virus se inactivaron por completo en 15 segundos tras o tratamento con etanol 80% (alcol etílico).