Collen “in fraganti” a Celia Villalobos esfollando no millo

Collen “in fraganti” a Celia Villalobos esfollando no millo nunha leira de Vilardevós

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

05/10/2018

Despois das compras por internet e de collela xogando o Candy Crush, Celia Villalobos foi atopada in fraganti por un paparazzi en Vilardevos, na leira de Carmen do Carballo a esfollar no millo.

Nas redes sociais saltou a hipotese de que podería tratarse dun “falso roubado” para limpar a sua imaxe de muller non traballadora. No dia da muller traballadora google está xa a preparar un doodle adicado a Celia Villalobos, segundo puidemos saber no teleclú de Vilardevós “Celia daballe xeito e bulia de carallo, xa quiseran moitos millenials deses facer o choio así de ben” dixo Manuel de Custoura en declaraciós a este medio.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Na imaxepodese ver perfectamente que se trata de dona Celia Villalobos

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Seguiremos embrullando!

Deixa unha resposta