Cómo serán as novas subvencións de formación continua?

COMO SERÁ A FORMACIÓN CONTINUA NOS PRÓXIMOS MESES. NOVAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS

Segundo informan algúns medios de comunicación de ámbito estatal, as axudas para formar a traballadores duplican o seu importe ao incorporar parte dos fondos non gastados nos anos 2015, 2016 e 2017. O Ministerio de Traballo (antes Ministerio de Emprego), negocian cos axente sociais a próxima convocatoria de 2018 de axudas públicas para impartir cursos de formación a ocupados, que serán máis de 400 millóns de euros, dos cales 350 millóns concederanse como subvencións igual que en anos anteriores, e os restantes 50 millóns mediante o novo procedemento de Licitacións en concurso público.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Nos anos anteriores utilizábanse cantidades moi baixas, por exemplo na convocatoria de 2014 uns 181 millóns, en 2016 uns 240 millóns, mentres que en 2015 e 2017 non houbo convocatoria. Se o sistema segue adiante, parece que será a primeira vez que se utilice parte dos fondos non consumidos en anos anteriores, diñeiro non gastado que proceden da cota de formación (0,7% de Formación Profesional) que achegan as empresas e traballadores nas súas nóminas, e que parece que desde o ano 2015 exceden os 1.500 millóns. Tamén sería a primeira vez que se utiliza o modelo de Licitación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO