Condean a morte a cociñeiro que fixo polbo con piña

A tensión provocada polo innumerable aumento de programas de cociña ven de motivar se cadra a condea mais dura dende a ditadura

Informa: Alberte Chichote | Xornalista gastronómico da sección chouchadas en Xornal Galego

Ante a audiencia nacional o cociñeiro non obtivo o indulto e foi condeado a morte por “un crime de lesa humanidade, atentado contra o bo gusto e sobor de todo; por foder o polbo” segundo ditou a sentenza a cal non cabe recurso.

Publicidade Xornal Galego:

O abogado do cociñeiro declarou a este medio en exclusiva que “haber a pena de morte a un fulano así ben a queremos todos; eu o ter que defendelo plantexei que podería ser unha alternativa colgalo polos collóns dun piñeiro manso. Nembargantes os xuizes foron implacables ante atla antentado”. Segundo palabras de Jacinto Bernardo abogado do cociñeiro.

“Cando souben o que fixera eu mesmo quería matalo, nunha cabeza normal non entra que alguen poida ser capaz de facer algo así… o meu gusto era meterlle descargas testiculares a 220 voltios, pero temos que lembrar que estamos nun estado de dereito” manifestou tamen o procurador Ramón Fins.

Seguiremos embrullando!