Continúa a folga na sanidade galega, hoxe e o vindeiro luns

A Organización Sindical Médicos de Galicia Independentes, O´mega, renova este mércores tres novas xornadas de folga de médicos galegos para seguir denunciando a falta de recursos humanos e materiais no Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entre outras cuestións.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Concretamente, os paros están previstos para este mércores, o vindeiro venres, 2 de novembro, e o luns, 5 de novembro, despois do “bo resultado” alcanzado durante as dúas primeiras xornadas de folga desenvolvidas os pasados 11 e 15 de outubro. Novamente está chamados a secundar a folga uns 8.000 facultativos da comunidade. Desde o sindicato lembran a importancia de sumarse á mesma para loitar e lograr reverter os problemas dunha sanidade galega sometida a unha perda de calidade continua.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO