Corrección de erros da convocatoria do proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local

Corrección de erros da convocatoria do proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local

Corrección de erros da convocatoria do proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre. Modifícase o anexo II, exclusivamente en relación co Concello de Vilagarcía de Arousa, e será dous o número de prazas que se convocan no referido concello e mediante quenda de acceso

Corrección de erros da convocatoria do proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

Modifícase o anexo II, exclusivamente en relación co Concello de Vilagarcía de Arousa, e será dous o número de prazas que se convocan no referido concello e mediante quenda de acceso libre

 

Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

No exercicio das súas competencias, o Concello de Vilagarcía de Arousa comunicou á Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que procedese á convocatoria de tres prazas da categoría de policía local de novo ingreso pola quenda de acceso libre.

O 3 de agosto, o concello de Vilagarcía de Arousa comunica á Agasp que proceda á convocatoria e selección de dúas prazas de novo ingreso por quenda de acceso libre e unha praza por sistema de mobilidade, momento en que xa estaba en marcha o proceso unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

Por canto antecede, por proposta da Agasp, no uso das facultades conferidas no artigo 4 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

Dispón:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre

A Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, queda modificada como segue:

Primeiro. Modifícase o disposto no número 1.1, referido ao obxecto do proceso selectivo, que queda redactado da seguinte forma:

1.1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 38 prazas dos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1.

Segundo. Modifícase o anexo II, exclusivamente en relación co Concello de Vilagarcía de Arousa, e será dous o número de prazas que se convocan no referido concello e mediante quenda de acceso libre.

ANEXO II

Prazas convocadas:

Concello Nº de prazas
Vilagarcía de Arousa 2

Esta modificación non afecta o prazo de presentación de instancias da convocatoria, manténdose o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado en data do 20 de xullo de 2018.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor