Xornada A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella

O vindeiro martes 23 de outubro celebrarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha Xornada temática co título “A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella”, organizada coa colaboración da Asociación Galega de Pais e Nais Separados (AGPNS).

Trátase de un conxunto de catro mesas de reflexión, análise e debate onde especialistas das diversas áreas ofrecerán as súas ponencias e o público asistente terá ocasión de participar.
Pensamos que ten un claro interese para as institucións, organizacións e colectivos que de un xeito ou doutro están en contacto coas cuestións que nela se tratarán.

– Xornada A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella

Coñecer e analizar, tanto dende a perspectiva xudicial como psicoemocional, a problemática e as consecuencias dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos/as menores: a repercusión na saúde dos/as menores, a aplicación da máis recente xurisprudencia, as necesidades que se presentan nos xulgados que tratan asuntos de familia, a actualización dos instrumentos de intervención nos conflitos familiares con novas figuras como o coordinador de parentalidade.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Información e inscrición: https://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/PU18015
Organiza: AGPNS, EGAP
Día e horario: 23 de outubro, 9:45h (8 horas, mañá e tarde)
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid 2-4. 15707 – Santiago de Compostela
Data fin matrícula: 16/10/2018 – 23:55h. A asistencia é libre ata completar o aforo en cada mesa, pero terán preferencia as persoas inscritas no apartado de matrícula, que ademais recibirán a certificación que expide a EGAP.