Cursos de Masaxe Californiana en Galicia

Cursos de Masaxe Californiana en Galicia

Cursos Masaxe Californiana, nivel Básico en Galicia Horarios do curso en fins de semana: Sábados de 16:00 a 20:00, e domingos de 10:00 a 19:00. 13/14 de Outubro 2018 17/18 de Novembro 2018 15/16 de Decembro 2018 e 19/20 de Xaneiro 2019 Horarios do curso semanal: Todos os martes, primeiro martes 25 de Setembro de

Cursos Masaxe Californiana, nivel Básico en Galicia

Horarios do curso en fins de semana:
Sábados de 16:00 a 20:00, e domingos de 10:00 a 19:00.
13/14 de Outubro 2018
17/18 de Novembro 2018
15/16 de Decembro 2018 e
19/20 de Xaneiro 2019
Horarios do curso semanal: Todos os martes, primeiro martes 25 de Setembro de 2018.
Horario: de 18:30 a 21:30.
En ambos os casos, a duración do curso básico é de 45 horas + 5 horas de prácticas supervisadas.

Esta formación vai dirixida tanto a persoas sen experiencia como a aqueles profesionais que queiran ampliar os seus coñecementos e explorar
novas técnicas.

O contido do curso básico de masaxe californiana está baseado nunha sería de secuencias de movementos que iremos estudando ao longo do curso. Traballaremos: pescozo, costas, glúteos, pernas boca arriba e boca abaixo, mobilización de cadeiras, abdome, peito, ombreiros e brazos.

Material do curso: Facilitarémosche os vídeos do curso completo, para que poidas visualizalos e repasar comodamente na túa casa. Así mesmo terás un arquivo PDF con todos os apuntamentos do curso (manual con fotos). E outro PDF cos detalles anatómicos que se tratarán durante o curso.

Prezo: Contado: 540. Fraccionado: 590. Matricula de 150 e 4 mensualidades de 110.

Unha vez finalizado o curso terás unha supervisión por parte do instrutor e a Certificación de Asistencia ao curso (este curso é válido para a Certificación Internacional en masaxe Esalen).

Unha vez feito o curso básico, o alumno poderá continuar os seus estudos co curso Intermedio e o curso Avanzado en masaxe californiana. Realizando así a formación completa en masaxe californiana.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor