Cursos de verán da UNED coa colaboración da Deputación de Pontevedra

A Deputación e o Centro Asociado da UNED en Pontevedra colaboran na realización dos Cursos de Verán 2018

Migracións no Século XXI, Mundo Literario de Julio Camba e O Lado Escuro do Comportamento son os tres cursos previstos para xuño e xullo

29/06/2018|Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a directora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso Abalo, asinaron un convenio de colaboración para a realización destas actividades. Mediante o acordo asinado, o Goberno provincial vai financiar a posta en marcha dos cursos O Lado Escuro do Comportamento. Como a Ciencia Aprende dos Erros Humanos, Migracións no Século XXI: Unha Visión Socioeconómica Internacional e O Mundo Literario de Julio Camba.

O curso O Lado Escuro do Comportamento. Como a Ciencia Aprende dos Erros Humanos desenvólvese entre o hoxe e o venres 29 de xuño no Centro Penitenciario da Lama. é unha actividade formativa destinada tanto ao alumnado da UNED como tamén ás persoas internas do centro. Neste curso preténdese explorar a cara oculta do noso comportamento co obxectivo de coñecer os seus mecanismos psicolóxicos e neurobiolóxicos.

Migracións no Século XXI: Unha Visión Socioeconómica Internacional vai ter lugar no Centro Asociado da UNED de Pontevedra entre o 18 e o 20 de xullo. Pretende ofrecer unha visión internacional e multidisciplinar da migración nos nosos días, un tema tan de actualidade. Abordarase a importancia das políticas de integración dos emigrantes ao tratarse dunha parte da poboación normalmente en situación de vulnerabilidade.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Na Aula da UNED en Portas ou on line vaise desenvolver o curso O Mundo Literario de Julio Camba entre os días 18 e 20 de xullo. Abordarase a obra de Julio Camba desde múltiples ópticas, entre outras, as amizades, a gastronomía, as viaxes ou o humor.