Dereitos musicais na Unión Europea

Cando os fonogramas sexan utilizados na Unión Europea, non se pode excluír de entre os artistas que teñen dereito a unha remuneración equitativa e única a aqueles que sexan nacionais de Estados non pertencentes ao Espazo Económico Europeo.

Non existe ningunha condición conforme á cal o artista intérprete ou ejecutante ou o produtor do fonograma deba ser nacional dun dos Estados membros do EEE nin ningunha outra condición que esixa unha vinculación co territorio do EEE, como ter nel o domicilio, a residencia ou o lugar de realización do traballo creativo ou artístico. STJUE nº C-265/19 08/09/2020