Detectan sulfitos non declarados en sardiñas salgadas marca Angomar

Detectan sulfitos non declarados en sardiñas salgadas marca Angomar

Detectan sulfitos non declarados en sardiñas salgadas marca Angomar, alerta FACUA A Aecosan tivo coñecemento mediante unha notificación de alerta trasladada polas autoridades sanitarias da Comunidade Valenciana. Trátase do formato de 320 gramos deste produto. FACUA-Consumidores en Acción alerta de que a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) detectou sulfitos non declarados

Detectan sulfitos non declarados en sardiñas salgadas marca Angomar, alerta FACUA

A Aecosan tivo coñecemento mediante unha notificación de alerta trasladada polas autoridades sanitarias da Comunidade Valenciana. Trátase do formato de 320 gramos deste produto.

FACUA-Consumidores en Acción alerta de que a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) detectou sulfitos non declarados en sardiñas salgadas prensadas, da marca Angomar, procedentes de España.

A Aecosan tivo coñecemento a través dunha notificación de alerta trasladada polas autoridades sanitarias da Comunidade Valenciana, mediante o Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (Sciri). O lote afectado é o de formato de 320 gramos, con data preferente de consumo de 18 de xaneiro de 2019.

A Axencia, dependente do Ministerio de Sanidade, informou desta incidencia ás autoridades competentes das comunidades autónomas mediante o Sciri. O produto, fabricado en Valencia, foi distribuído a Cataluña, Murcia, Aragón, Madrid, Castela e León e Castela A Mancha.

FACUA aconsella como medida de preucación a aqueles consumidores intolerantes ou alérxicos aos sulfitos que poidan ter este produto nos seus fogares que se absteñan de consumilo. En calquera caso, a Aecosan sinala que o consumo destes produtos non supón ningún risco para o resto de consumidores.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor