Deteñen en Siberia a falso gurú que di ser a reencarnación de Jesús

Deteñen en Siberia a falso gurú que di ser a reencarnación de Jesús

Acúsaselle de utilizar a súa seita para extorsionar aos discípulos e de exercer “violencias psicolóxicas” sobre eles. O gurú dunha seita en Siberia, Vissarion, que desde fai tres décadas presidía os destinos de miles de discípulos que o consideran a reencarnación de Xesucristo, foi detido polas forzas especiais rusas o martes 22-S. Fundada en 1991

Acúsaselle de utilizar a súa seita para extorsionar aos discípulos e de exercer “violencias psicolóxicas” sobre eles.

O gurú dunha seita en Siberia, Vissarion, que desde fai tres décadas presidía os destinos de miles de discípulos que o consideran a reencarnación de Xesucristo, foi detido polas forzas especiais rusas o martes 22-S.

Fundada en 1991 por este antigo policía, cuxo verdadeiro nome é Serguéi Torop, o culto instalouse nunha aldea construída no bosque, polos fieis, no distrito de Kurgan, na rexión siberiana de Krasnoyarsk.

Vissarion e dous dos seus familiares, Vadim Redkine e Vladimir Vedernikov foron detidos, segundo informou o comité de investigación ruso, durante unha operación conxunta cos servizos especiais (FSB, exKGB) e o ministerio do Interior.

Acúsaselles de utilizar a seita para extorsionar diñeiro aos seus discípulos, de exercer “violencias psicolóxicas” sobre eles, causando “danos graves á saúde”.

Nun vídeo difundido polas autoridades, os tres sospeitosos son conducidos a bordo dun helicóptero, baixo a supervisión de homes encapuchados vestidos con uniformes.

 

Vissarion reunira aos seus miles de fieis nunha zona illada de Siberia para facer unha especie de Arca de Noé para salvar á humanidade dun cataclismo que o home está a provocar.

A súa “Igrexa do Último Testamento” non vivía, con todo, completamente illada do mundo, acollendo regularmente á prensa.

Os fieis, que aspiran á autosuficiencia, din vivir en comuñón coa natureza, rexeitando en particular a carne, o alcol e o tabaco.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor