Donar xoguetes polo nadal, unha iniciativa con premio

Donar xoguetes polo nadal, unha iniciativa con premio

A campaña unha masaxe por un xoguete organizada pola Escola Europea Parasanitaria ESPS terá lugar o día 15 de decembro en Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo dende as 10 até as 20h en horario ininterrompido e sen necesidade de pedir cita previa para recibir a masaxe. Ademais, os cidadáns que o desexen durante

A campaña unha masaxe por un xoguete organizada pola Escola Europea Parasanitaria ESPS terá lugar o día 15 de decembro en Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo dende as 10 até as 20h en horario ininterrompido e sen necesidade de pedir cita previa para recibir a masaxe.

Ademais, os cidadáns que o desexen durante todo o ano tamén poderán levar 3 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos, así como material sanitario para África ou tapóns para o banco de tapóns do baixo miño ou fundación SEUR.

Os xoguetes que se recollan serán doados a diversas ONGS outros anos por exemplo foron ás ONGs Dignidade Galicia, Ovellas negras, Fundación Andrea, Discamor Ferrol e Afa Ferrol, así como aos servizos sociais dos Concellos de Pontevedra e Vigo. Ademais, os cidadáns que queiran participar nesta campaña solidaria pero non poidan acudir aos devanditos centros o día 16 poderán entregar o seu xoguete antes desta data, recibindo un vale canxeable por unha masaxe, a realizar outro día.

«Esta campaña solidaria xorde do equipo humano de profesionais da Escola como un programa de voluntariado no que colaboran altruistamente tanto alumnos en formación como profesionais», explica Flor Núñez, secretaria do centro formativo.

«O noso obxectivo é que todos os nenos poidan gozar dalgún xoguete por Nadal e que non perdan o sorriso. Podemos axudar a moitos nenos a cumprir o seu soño de ter un xoguete de Papa Noel ou os Reis Meigos. Ademais, queremos concienciar aos nosos alumnos, futuros profesionais das terapias naturais, da importancia de axudar aos demais», conclúe Núñez.

Autor

1 comment
Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

1 Comment

Autor