Durmir a sesta beneficia a memoria emocional dos nenos

Investigadores neurocientíficos da Universidade de Massachusetts Amherst nos Estados Unidos, demostraron que combinar nun mesmo día a sesta co soño nocturno, beneficia a memoria emocional nas primeiras etapas da nenez.

Rebecca Spencer, autora principal do estudo, sinala que de forma individual a sesta e o soño non son suficientes para inducir cambios na memoria emocional, en combinación benefíciase a consolidación de recordos nos nenos pequenos.

Pola súa banda, estudos anteriores con adultos indican que o procesamiento de emocións e a memoria emocional mellóranse co soño, evidenciando que as sestas tamén poden mellorar a regulación emocional e este tipo de memoria nos nenos pequenos.

Neste caso, os investigadores dedicáronse a estudar se realmente as sestas contribúen á consolidación da memoria para os recordos con carácter emocional, sendo un contido bo ou malo, especificamente nesa primeira etapa da infancia. Encargáronse de observar os efectos significativos na memoria emocional de nenos de 3 a 5 anos de idade, aos que lle deron unha serie de imaxes que tiñan caras con descricións de palabras bonitas e malas, pero en realidade non se puideron observar efectos significativos. A precisión da memoria tampouco diferiu cando se probou logo dunha sesta en comparación cun intervalo de vixilia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Aínda que, cando se volveu a probar a memoria despois de durmir durante a noite, a precisión da memoria foi maior, durmindo o neno a sesta o día anterior; polo que unha maior actividade do soño de ondas lentas na sesta asóciase con maior diminución da memoria durante o soño.

Os investigadores conclúen, que “este estudo demostra que a sesta é beneficiosa para o procesamiento da memoria. Dada a importancia da aprendizaxe socio emocional en preescolares, unha media de 70 minutos de sesta pode axudar aos obxectivos curriculares da educación infantil. Por tanto, a sesta debe seguir sendo unha parte importante do programa preescolar diario e debe garantirse o tempo suficiente para durmir”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Esther R.