Ence condena a agresión a dous ciclistas

Ence condena a agresión a dous ciclistas

Comunicado oficial da empresa ENCE 25 de outubro de 2018.- Ence Pontevedra rexeita tallantemente o comportamento incívico e o ataque con violencia dun transportista a uns ciclistas á entrada da súa biofactoría en Lourizán. A empresa identificará á maior rapidez posible ao devandito transportista a fin de presentar denuncia e tomar as medidas oportunas para

Comunicado oficial da empresa ENCE

25 de outubro de 2018.- Ence Pontevedra rexeita tallantemente o comportamento incívico e o ataque con violencia dun transportista a uns ciclistas á entrada da súa biofactoría en Lourizán.

A empresa identificará á maior rapidez posible ao devandito transportista a fin de presentar denuncia e tomar as medidas oportunas para que non volva traballar para a compañía.

Ence esixe a todos os transportistas que colaboran coa compañía un rigoroso respecto ás normas de tráfico e un absoluto coidado e a máxima precaución cos ciclistas.

A compañía quere transmitir o seu total apoio aos ciclistas afectados por esta lamentable e inaceptable agresión, e a súa total colaboración cos afeccionados ao ciclismo para seguir colaborando na erradicación dos accidentes de circulación provocados por camións que traballen para a compañía.

Queremos lembrar que na web de Ence Pontevedra está habilitado unha canle de denuncias a disposición de todos os cidadáns para informar de calquera infracción cometida polos camións con destino Ence.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor