España perde ante Rusia nun mundial que só gaña Florentino

España perde ante Rusia nun mundial que só gaña Florentino

A debacle de España ante Rusia deixou o fin dunha era, un Fernando Hierro abatido e un país ferido no seu orgullo. 01/07/2018 Redacción Xornal Galego O triunfo histórico de Rusia ante España no seu propio mundial deixa unha chea de memes e daños colaterais na selección española. Sen dúbida este non era o fin

A debacle de España ante Rusia deixou o fin dunha era, un Fernando Hierro abatido e un país ferido no seu orgullo.

01/07/2018 Redacción Xornal Galego

O triunfo histórico de Rusia ante España no seu propio mundial deixa unha chea de memes e daños colaterais na selección española.

Sen dúbida este non era o fin que xogadores como Iniesta, Silva, Piqué, Ramos, Aspas, Reina, Busquets… merecían, pero todo comezou para moitos con a desafortunada fichaxe de Lopetegui polo Real Madrid, un Lopetegui que era sen dúbida o líder, o timón, o macho alfa desta selección invicta durante dous anos…

Unha vez anunciada a fichaxe por un Florentino Pérez que non soubo agardar ou non quiso agardar… o resto da historia xa todos a sabemos e o resultado final foi o que foi, mais que tería pasado no caso de seguir Lopetegui e cair España do mesmo xeito e con ese nefasto xogo no mundial?

Cómo teria sido recibido Lopetegui no Real Madrid no caso de ter sido eliminado de xeito tan preocupante no mundial? Cómo ía iniciar unha nova xeira no Madrid sustituindo a Zidane un adestrador “fracasado”?

Se cadra todo isto pasou pola cabeza de Florentino Pérez e precipitou o anuncio da fichaxe sabendo das consecuencias que esta podía ter… o caso e que tanto Florentino, coma Lopetegui, coma Rubiales non pareceron estar a altura das circunstancias e o resultado foi o que foi, pero sen dúbida con todo isto so gañou Florentino Pérez, salvo que España tivese gañado o mundial con Lopetegui… mais iso xa nunca o saberemos…

O final do conto, ate os nosos galegos resultaron feridos en dita pelea xa que Aspas despediuse do seu mundial con poucos minutos e fallando un penalti, Lucas con poucos minutos e Rodrigo con sensacións de pouco tempo xogado…

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor