Estrelase un Boeing 737 de Lion Air en Indonesia con 189 persoas

Este luns, o avión con máis de 180 persoas a bordo estrelouse no mar de Xava. A cifra do número de ocupantes foi proporcionada pola propia aerolínea.

Un Boeing 737 MAX 8 de Lion Air con 185 persoas a bordo estrelouse este luns fronte ás costas de Indonesia, no mar de Xava, comunicou a aerolínea. Varios medios de comunicación informaron que a bordo da aeronave se atopaban 189 persoas.

O voo JT-610 da aerolínea indonesia cubría a ruta interna entre as cidades de Iacarta e Pangkal Pinang.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Un portavoz da compañía confirmou que o avión se estrelou poucos minutos despois do despegamento. O avión despegara ás 06:20 (hora local) rumbo a Pangkal Pinang e perdeuse contacto coa aeronave ás 06:33.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO