Liorta monumental entre Feijoo e Pedro Sánchez; ante o número de incendios a Xunta ven de propoñer que Ourense pase a ser parte de Castela e León para baixar as cifras de hectáreas queimadas.
Informa: Lois Nieto Baltar | Xornal Galego sección chouchadas
Ante esta iniciativa Pedro Sánchez dixo que na sua intención está baixar as cifras totais “se ben estou a prol da medida eu o que pido e que Ourense pase a ser parte de Portugal; so así baixaremos as cifras nacionais”.
Ante as duas iniciativas todos os alcaldes da provincia manifestaron o seu desacordo e plantexaron de xeito unánime unha alternativa “queremos a independencia e pasar a chamarnos Baltar Kingdom; iso si… a praia de Samil e nosa” manifestou Jácome que neste caso encabezou a iniciativa e mesmo pediu a licenza para ser a canle de televisión oficial do novo reino.
Seguieremos embrullando!
Para comentar debe estar rexistrado.