Ethel Vázquez convoca aos alcaldes da comarca da Coruña para abordar proxectos de infraestruturas

Ethel Vázquez convoca o venres, 22 de xuño, aos alcaldes da comarca da Coruña para abordar proxectos en materia de infraestruturas na área.

Nesta xuntanza avaliaranse diversos temas en relación con proxectos viarios, de mobilidade, seguridade, e tamén, do transporte público na bisbarra

|Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, convoca o vindeiro venres 22, ás 10.30 horas, aos concellos da comarca da Coruña para abordar proxectos en materia de infraestruturas na área.

A Xunta remitira recentemente esta convocatoria aos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada co fin de concretar unha data para manter este encontro de traballo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os municipios da bisbarra achegaron a súa proposta de data, excepto os Concellos da Coruña e Cambre, que non responderon á convocatoria da Xunta. Neste sentido, a pesar da carencia de resposta, o Goberno galego agarda que asistan a esta reunión, que terá lugar na delegación territorial da Xunta na Coruña, para tratar actuacións estratéxicas para a área.

Nesta xuntanza avaliaranse diversos temas en relación con proxectos viarios, de mobilidade, de seguridade, e tamén, do transporte público na bisbarra, cuestións cuxas competencias autonómicas dependen da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

O Goberno galego aposta polo diálogo e a coordinación entre Administracións para avanzar nas actuacións estratéxicas para os municipios e os cidadáns.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO