Expulsada dunha churrasquería por pedir parrillada vexetal

A muller de orixe asturiana, entrou nunha charrasqueria da nacional 145 a altura do concello de Dodro, dirixiuse o camareiro co restaurante cheo, e pediu unha parrillada vexetal segundo testemuñas

Informa: Leticia Cifuentes | Xornal Galego sección chouchadas

Segundo as testemuñas a turista ollou para os pratos da xente e as bandexas de churrasco a fartar e dixolle o camareiro “yo quiero una parrillada vegetal”, ante o balbordo que se xerou no interior do restaurante “vinme na obriga de expulsala do restaurante” afirmou Mauricio Ameneiro dono da churrasquería.

Publicidade Xornal Galego:

“Nos meus mais de 30 anos no restaurante nunca tal vira! que se creeu esa moza, que podía vir o meu restaurante a comer endibias ou berzas na brasa…” afirmou con dureza o dono.

seguiremos embrullando!