Feijoó advirte os nenos galegos de que maduren dunha vez ante a falta de pediatras

“Os nenos galegos deben ser conscientes da falta de pediatras en Galicia e madurar dunha vez” Afirmou o máximo mandatario da  Xunta

Laura Garrido | Sección Chouchadas | Humor Xornal Galego

“Os nenos debn preocuparse mais pola sanidade e menos por debuxos coma Hello Kitty ou mesmo Pepa Pig” segundo indicou o conselleiro de sanidade. “Se os nenos madurasen de unha vez en vez de amarrarse a infancia coma quen se amarra a o marisco nunha voda”.

Pola sua banda Feijoó recoñeceu que sendo un tema polémico, este asunto debíase tratar con xeito e sensibilidade por iso quiso matizar as suas declaracións a MDC (Maruja Da Coutada) “se os nenos galegon non maduran dunha vez van quedar sen agasallos de nadal e vainos levar o home do saco”.

Almuiña tamen declarou a MDC “contemplamos mesmo que se desvele a identidade real dos reis a partires dos 3 anos para evitar así colapsos en pediatría”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Seguiremos embrullando para a sección chouchadas!