Froilán “Os estudantes deben esforzarse mais e queixarse menos da Covid”

Felipe Juan Froilán de Todolos Santos de Marichalar e Borbón quixo animar os estudantes de toda España; e en particular os galegos e lucenses a se esforzar mais.

Informa: Carmiña Lomana | Xornal Galego

Segundo manifestou o cuarto na liña de sucesión ao trono español, logo da súa nai e por diante da súa irmá menor, Victoria Federica “Os estudantes deben esforzarse mais e queixarse menos da Covid”.

Publicidade Xornal Galego:

Na sua opinión “coma exemplo de esforzo e disciplina nos estudos veño traer unha mensaxe moi especial os mais novos; agora mesmo e tempo de residencia. Hai que se sobrepoñer a esta situación e estudar, estudar mais ca nunca e deixar de se queixar da Covid, niso consiste a residencia”.

Por outra parte tamen tivo unha mensaxe especial a Lugo “sei que mesmo me queren de rei a min, porque en realidade eu debería ser o rei coma ben di o lucense Partido Froilanista. Sempre levarei a Lugo no meu corazón; e mais, os asturianos son unha xente caralluda”.

Sobre a relación coas suas primas quixo deixar claro que “eu son o unico herdeiro realmente lexítimo e realmente capacitado; mesmo asi aplicome o conto e tento ser residente. A inxustiza non vai minar o meu ánimo nunca”.

 

Seguiremos embrullando!