Galicia Bilingüe “o coronavirus mata mais por falar galego”

Un estudo realizado por científicos de Galicia Bilingüe determinou que nivel de esgotamento cerebral causado por falar galego fai o Covid mais mortal

Informa: Gloria Lagoa | Xornal Galego sección chouchadas

Dunha vez por todas a ciencia demostrou o que xa ere visto “o galego dana o cerebro de tal xeito que o coronavirus mata mais os galegofalantes” anunciou a directora do estudio Margarida Six Fingers do centro de estudos a prol do monolingúismo.

Publicidade Xornal Galego:

“Era visto, era visto! o galego dana o cerebro e a xente morre con mais facilidade. Eu unha vez quisen dicir: vou xantar preto de Sanxenxo, a Raxó que hai Raxo e deume tal embolia que case morro” afirmou Cuquí Martínez de Orujo, unha cidadá madrileña de turismo polas Rías Baixas.

Dende os grupos a prol do galego non quiseron facer declaracións porque era cedo, e como eles non levantan España inda estaban a durmir.

Seguiremos embrullando!