Galicia dispara as consultas de sanidade por picaduras de avespa

Galicia acumula en só unhas semanas tres mortes por picaduras de avespas.

 Os expertos recoñecen que son demasiado para estar a principios de verán. De feito, adoitan esperar catro ou cinco mortes ao ano por esta causa.

As picaduras de avespas e abellas (himenópteros) dispáranse durante os meses cálidos, cando estes insectos están activos e faise máis vida ao aire libre.

A Vespa Velutina provén de Asia. Apareceu no Sur-Oeste de Francia en 2005, ao parecer introducida en mercadorías chinesas importadas. Actualmente ocupa o SO francés e estendeuse polo Norte da península Ibérica e Norte de Portugal.

As reaccións adoitan ser locais, con picor, enrojecimiento e inflamación circunscrita á zona onde pica o insecto, pero cando a área de inflamación é maior de 10 cm. de diámetro atopámonos ante unha reacción alérxica que se considera patolóxica. Nalgúns casos prodúcense lesións na pel a distancia do lugar da picadura, dificultade para respirar, mareo ou síntomas dixestivos, o que constitúe unha reacción alérxica xeneralizada grave ou anafilaxia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO