Galicia e Portugal se alían con plans de mellora da eficiencia enerxética

Galicia e Portugal se alían con plans de mellora da eficiencia enerxética

  Ares (A Coruña) (EFE).- Os socios do proxecto “Aqualitrans” deron forma hoxe en Ares (A Coruña) aos primeiros resultados desta iniciativa que ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR). O proxecto “Aqualitrans. Sistema de Xestión e Control para a mellora da eficiencia na

 

Ares (A Coruña) (EFE).- Os socios do proxecto “Aqualitrans” deron forma hoxe en Ares (A Coruña) aos primeiros resultados desta iniciativa que ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).

O proxecto “Aqualitrans. Sistema de Xestión e Control para a mellora da eficiencia na depuración e a calidade ambiental de augas a nivel transfronteirizo” iniciouse o pasado ano a través da colaboración establecida entre Augas de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Águas do Municipio do Porto e o Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI). O proxecto enmárcase no Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

O obxectivo principal do mesmo é mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDARs, asegurando en todo momento a calidade da auga tratada; logrando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos e emisión de CO2; e diminuíndo os problemas nos procesos.

Os socios de “Aqualitrans” reuníronse esta mañá na EDAR Punta Avarenta de Ares, coa presenza do director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e alí presentáronse de maneira oficial os primeiros resultados deste estudo e unha das principais medidas a desenvolver: os proxectos piloto de mellora da eficiencia enerxética en EDAR.

Ademais, os socios aproveitaron para visitar as instalacións e coñecer de primeira man o plan que se implantará en Ares.

No acto participaron tamén Emérito Freire Sambade, director do departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do INEGA; Carlos Calvo, director xeral da Fundación ITG; Frederico Vieira, presidente do Consello de Administración de Águas do Município do Porto; e Rui Sá, director coodinador do INEGI.

Como resultado dos estudos de investigación desenvolvidos inicialmente no proxecto “Aqualitrans” implantaranse plans de eficiencia enerxética na EDAR de Ares, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Gondomar e Nigrán, en Galicia; e na ETAR de Sobreiras, en Portugal.

O proxecto “Aqualitrans” contempla, en efecto, actuacións de mellora nas seguintes instalacións de depuración de augas residuais.

O plan consiste na elaboración dun estudo de investigación sobre o consumo enerxético en diferentes EDARs en Galicia e Norte de Portugal; e no desenvolvemento de proxectos piloto en EDARs seleccionadas, onde se implantarán as medidas de optimización enerxéticas derivadas do estudo.

Esta análise teórica e práctico permitirá dispor dun modelo aplicable ás depuradoras co que crear EDAR máis eficientes energéticamente e máis sustentables.

A EDAR que participaron na fase inicial do proxecto son, por parte de Galicia, as situadas nos municipios de Nigrán, Soutomaior (Arcade), Vilaboa, Gondomar, Tomiño, Ortigueira, Ares, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ribadeo. Por parte de Portugal estudáronse as situadas nos municipios de Porto (Freixo e Sobreiras), Barcelos, Vila Real, Lousada (Sousa), Amarante (Ponche de Baia), Vila do Conde (Ave), Guimarães (Serzedo), Lamego e Vila Verde (Cávado Homem). EFE

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor