Guerra polo prezo dos medicamentos, Pfizer e a compañia que masi incrementou os prezos

Segundo revela un informe realizado por I-MAK, Pfizer atópase á cabeza das subidas de prezos de medicamentos. De feito, a farmacéutica subiu ata un 163% o prezo do seu fármaco para a dor neuropático diabético, Lyrica, un dos medicamentos máis vendidos en Estados Unidos.

Roche, Bayer e Merck foron as últimas compañías que pospuxeron o aumento dos prezos de medicamentos en Estados Unidos durante 2018

Durante a reunión, Trump agradeceu a Pfizer por anunciar o pasado mes de xullo que non avanzaría co aumento planificado nos prezos dos medicamentos. Anteriormente, o presidente criticara a esta compañía e a outros fabricantes de medicamentos de Estados Unidos por aumentar os prezos dalgúns fármacos.

A entrada da competencia de xenéricos reduciría rápida e notablemente os ingresos de Pfizer entre un 70% e 90% en menos de dous anos
A nivel xeral, os datos tamén desvelan que o prezo dos doce medicamentos máis vendidos no país estadounidense incrementou un 68% desde o ano 2012.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Co medicamento no mercado durante o últimos catorce anos, Lyrica é unha importante fonte de ingresos para Pfizer. En 2017, este medicamento reportou a Pfizer máis de 5.000 millóns de dólares (uns 4.309 millóns de euros) en vendas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Con todo, a entrada da competencia de xenéricos reduciría rápida e notablemente os ingresos de Pfizer entre un 70% e 90% en menos de dous anos.