Homeopatía nas farmacias non… coca cola si!

Homeopatía nas farmacias non… coca cola si!

A finais do mes de maio do presente ano salataba a polémica xa que a organización de consumidores Facua indignabase e alertaba do novo produto de venda en farmacias Anxo Machado | Xornal Galego Reclamaban dende FACUA a Sanidade a modificación da normativa legal para limitar que tipo de artigos pódense comercializar nos establecementos farmacéuticos

A finais do mes de maio do presente ano salataba a polémica xa que a organización de consumidores Facua indignabase e alertaba do novo produto de venda en farmacias

Anxo Machado | Xornal Galego

Reclamaban dende FACUA a Sanidade a modificación da normativa legal para limitar que tipo de artigos pódense comercializar nos establecementos farmacéuticos

A través dun comunicado, FACUA tachou de «inaceptable» o feito de que as autoridades sanitarias dean o visto e prace á venda de Coca Cola en farmacias. Consideran que, con iso, permítese un revestimento de salubridade, e por iso lanzaron unha reclamación ao Ministerio de Sanidade para que efectúe as modificacións legais pertinentes para limitar que tipo de artigos pódense comercializar en establecementos farmacéuticos.

Mesmo, denuncian un suposto plan comunicativo existente entre a patronal farmacéutica e a multinacional de refrescos. Unha práctica que xa supón un lavado de imaxe para esta última. O que se transmite é que Coca Cola, que prepara o lanzamento dun novo produto antioxidante e con diversos beneficios, e sucedáneos, contan co aval de produto saudable.

Segundo recolle na súa web, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos (Cgcof) leva a cabo campañas informativas patrocinadas por firmas como Coca Cola, onde traballa este granadino, ou Aquarius. Desde o pasado curso, en farmacias distribuíronse folletos sobre a hidratación para reforzar o consumo de líquidos.

En plena guerra contra a homeopatía e as terapias naturais, sona cando menos a chiste que as farmaceuticas e farmacias tan belixerantes coa medicina natural teñanse vendido de este xeito a unha multinacional coma Coca Cola, dando pe a pesar que se cadra tamen se teñen vendido a outro tipo de mercaderes a pesares da saúde dos pacientes.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor