Horóscopo Galego do 30 de xullo ó 05 de agosto de 2018

Horóscopo Galego do 30 de xullo ó 05 de agosto de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 30 de xullo ó 05 de agosto de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  O que ten cú ten medo, pero a túa impaciencia e o teu pior inimigo que debes manter

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 30 de xullo ó 05 de agosto de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  O que ten cú ten medo, pero a túa impaciencia e o teu pior inimigo que debes manter baixo control, isto tamen te debe servir de aviso na túa vida amorosa… Non sexas impacente e relaxate indo coas cabras e ovellas po monte, que carallo e iso de pasear un can…  Coa Lúa minguando, é o momento de renovarse e atopar as túas cualidades durmidas. Es moi ousado e lanzaraste sen medo, e sen perder o cú.

 

  • TAURO |: Semana ideal para gastar cartos, non sexas aforrica. Algunha situación da túa vida familiar está a inquietarte, seguramente algún irmán ou familiar moi directo esta algo confuso e tí non lle ves unha saída rápida, pero vas saber capear estes momentos para que non te amarguen. Esta semana e boa para que botes uns foguetes o aire libre. Non te quedes en casa e bota foguetes, que o necesitas e vaiche a axudar a sentir mellor.

  • XEMELGOS |: Estarás moi angustiado, como se unha vespa velutina se cha pousara nas tuas partes…  Estes días serás individualista e esquivo cos que te coñecen. O teu gran reto será abrirte aos demais, fai unha xornada de portas abertas e dalle movemento a pelvis que tamen o precisas… e o momento de pedir duas tazas de viño e recuperar as túas habilidades sociais. Céntrate en gozar do día a día… 

  • CARANGUEXO |: Teraste que superar a ti mesmo daranse situacións que non cho van a pór nada fácil, será coma abrir unha lata de xoubas co dedo indice fodido, pero a túa forza interior vaiche a axudar a resolvelas, senon papa un cocido de tua nai e xa verás… A túa xenerosidade levaranche a gozar do amor con ilusión e optimismo.  Chegan novas oportunidades, tamen no amor. Deixa de pensar no teu ex ponte as pilas.

  • LEÓN |: Esta sermana a bareixa da sorte esfurricouse toda no teu signo. Desbordarás enerxía, mexaras colonia da cara, os teus peidos cheirarán a rosas… Apostarás pola comunicación para que todo sexa máis xusto e mellor. O teu poder de sedución é bestialmente impactante, tes a mesma capacidade de atracción de Torremolinos cos xubilados e brillarás alí onde esteas.  A túa economía reactívase proba sorte co numero 63.

  • VIRXE |: Algúns temores e pesadelos poden alterar a tua tranquilidade estes días, non cenar zume de laranxa con feixoada axudarache a ter menos pesadelos, que algunhas noites cenas coma se tiveras a solitaria. O planeta do amor, Venus, está no teu signo e vai harmonizar as túas emocións para que recuperes a tranquilidade coma se tiveses 4 millóns de euros no banco. No ámbito laboral, bo momento para elaborar proxectos novos ou recibir incentivos. 

  • BALANZA |: Non comas ensaladilla rusa que vas coller cajaneira. Debes ser discreto para conseguir os fins que tanto buscas que logo a xente a que lle contes as cousas poden orixinar problemas. Vivirás o amor de un xeito mais aloucado e despreocupado, podes combinar prantar moitos pinos con pinar esta semana… xa sabes menos ensaladilla rusa e mais trompicallo. Pode xurdir algunha ocasión moi beneficiosa e excepcional no campo profesional.

  • ESCORPIÓN |: Momento de poñerte en valor e dar conta do moito que vales. Podes chegar mais alto ca o prezo da peaxe de Rande e de alcanzar metas que case crías imposibles. O planeta Júpiter segue transitando polo teu signo, chegou o momento de buscar bos prezos niso que queres mercar e xurdirán interesantes oportunidades, se mercas en aliexpress xa o terás para nadal…  Vas facer fronte a situacións inesperadas pero sairás gañador.

  • SAXITARIO |: Eres o mellor signo desta semana. O triunfo é teu esta semana, xoga o tute, a loteria ou coñece os teus sogros esta semana… todo sairá ben. Poderás atopar aliados para pór en marcha os plans máis locos que se che ocurran. A enerxía lunar apartará todo o malo e poderá chegar un novo amor a tua vida. Podes chegar a ter relacións sexuais moi boas, pero tesque telas

  • CAPRICORNIO |: Poderás coñecer a xente tan interesante coma cañita brava no congreso dos deputados. Pode que algún contacto novo beneficie o teu desenvolvemento persoal. A túa gran responsabilidade, a túa afouteza, e a túa tenacidade aportan logros profesionais e económicos. Se podes esta semana tenta meditar ou se non eres deses frikis polo menos sentate no water media hora a pensar…

  • ACUARIO |: Vas vivir coma unha palmeira dunha forma máis flexible, dobregandote pero non partindote e pouco a pouco seras coma un buxo. Necesitas apartarche da rutina e pensar mais en divertirte, se non o fas o teu caracter será coma o do viño do teu veciño: ácido e amargo. Amplía o teu círculo de amizades e busca relacións de amizade máis interesantes e gratificantes.  

  • PEIXES  |: Poden xurdir citas buscadas ou non que non debes rexeitar. Vas ter encontros coma os que lle gustaría ter a Iker Jimenez; e dicir en outra fase..  levantaranche o ánimo e renovarán a túa enerxía. A Lúa no teu signo o 30 e o 31 aporta o teu signo un magnetismo moi especial. Serás irresistible coma o licor cafe despois do xantar. Seguramente esta semana sexa un punto e aparte na tua vida.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor